• 28 MAR 2014

    A Xunta de Galicia tamén estivo presente no Open Your Mind SCQ 2014

    A Xunta aposta por impulsar a actividade económica en Galicia fortalecendo as competencias profesionais e apoiando o emprendemento e a mellora da competitividade das empresas, segundo salientaron o director xeral do Igape, Javier Aguilera, e o director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, durante as súas intervencións na apertura do foro para profesionais e empresas Open Your Mind, que se está a desenvolver en Santiago. O director do Igape, Javier Aguilera, amosouse convencido de que a mellora, tanto das empresas como das organizacións, está directamente vinculada á capacidade dos emprendedores, dos empresarios e dos profesionais para reinventarse, a partir da revisión constante dos seus sistemas e procedementos de actuación.

     

    A Xunta aposta por impulsar a actividade económica en Galicia fortalecendo as competencias profesionais e apoiando o emprendemento e a mellora da competitividade das empresas, segundo salientaron o director xeral do Igape, Javier Aguilera, e o director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, durante as súas intervencións na apertura do foro para profesionais e empresas Open Your Mind, que se está a desenvolver en Santiago.

    O director do Igape, Javier Aguilera, amosouse convencido de que a mellora, tanto das empresas como das organizacións, está directamente vinculada á capacidade dos emprendedores, dos empresarios e dos profesionais para reinventarse, a partir da revisión constante dos seus sistemas e procedementos de actuación.

    Entre os novos instrumentos impulsados pola Xunta para potenciar as competencias profesionais e empresariais, Aguilera Navarro referiuse á nova Lei do Emprendemento e á activación da Unidade Galicia Emprende, que presta servizos e asesoramento para apoiar a posta en marcha ou a reorientación de novos negocios.

    O director do Igape referiuse tamén ao programa ReAcciona, impulsado pola Consellería de Economía e Industria como instrumento axeitado para facilitar o incremento das competencias profesionais das persoas e das organizacións dun modo sostido, para acadar o seu compromiso coa mellora continua.

    Pola súa banda, o director xeral de Traballo e Economía Social indicou que un dos propósitos cos que se está a traballar e potenciar a fórmula cooperativa entre a mocidade galega, impulsando así o seu rol como ferramenta na loita contra o paro xuvenil, unha actuación coherente co novo Plan de Emprego Xuvenil, que inclúe entre as súas medidas a aposta polo fomento do cooperativismo.

    Martiñá explicou que o programa Xuventude Coop. é unha das novidades do Plan que engloba un conxunto de accións dirixidas a que a mocidade galega poida iniciar a súa experiencia cooperativa. O mesmo inclúe actuacións de divulgación, formación, dotación de medios materiais, acompañamento e titoración e financiamento.

    Así mesmo, lembrou que este mesmo mes publicouse no DOG a Orde de axudas para os programas de fomento do emprego en empresas de economía social e promoción do cooperativismo, unha orde que ten como gran novidade o programa de axudas para cooperativas xuvenís. Ademais, estas cooperativas disfrutarán dun 25% de incremento nas contías contempladas no resto de programas que recolle a Orde.

     

     

    (Podedes consultar a noticia na páxina web da Xunta de Galicia)