• 19 DIC 2013

    Galicia Confidencial: "500 emprendedores xuntaranse en Compostela"

    Galicia Confidencial, el periódico gallego más leído en Internet, anunció el pasado mes de diciembre la celebración del Open Your Mind SCQ 2014 bajo el lema de “Atrévete. Reinventa tu camino”. Informó de la fecha (28 y 29 de marzo 2014) y el lugar (Auditorio NovaGaliciaBanco de Santiago), y destacó la previsible asistencia de unos 500 profesionales.

     

    Tralo "éxito" acadado na edición anterior, que reuníu en Compostela a máis de 300 profesionais de diferentes sectores, o Open Your Mind repite formato en 2014. Serán dúas xornadas destinadas a fomentar a cultura de empresa, o networking e a intelixencia emocional aplicada ás relacións laborais.
     
    O evento incluirá charlas e conferencias de destacadas figuras a  no mundo do Social Management (habilidades sociais nos negocios), que aportarán a súa experiencia e a súa visión sobre as novas tendencias, ferramentas e solucións no mundo laboral. Trátase, en definitiva, de “inspirar unha reflexión conxunta para facer as cousas dun xeito que nos permita avanzar mellor cara o futuro” di Eloy Gesto, de Escuela Inventa, e un dos promotores do evento xunto con Marisol Vázquez, do Grupo Affines.
     
    O Open Your Mind, para o que axiña se abrirá o prazo de inscripción, vai dirixido a profesionais, empresarios, directivos, emprendedores e todo aquel que desexe avanzar no mundo empresarial coñecendo as últimas tendencias e as técnicas máis eficaces.
     
    Un dos obxectivos do Open Your Mind SCQ 2014 é repetir "o grande éxito acadado na edición anterior, celebrada en 2013". Máis de 300 persoas participaron, no Auditorio NovaGalicia Banco, nun evento que contou con ponentes como Elsa Punset, Mario Alonso Puig, Fernando Salinero ou Mario López Guerrero, entre outros
     
    A presentación oficial do Open Your Mind SCQ 2014 farase este xoves, 19 de decembro, nunha Gala  de Nadal que se vai celebrar no Hotel AC Palacio del Carmen.  A presentación oficial do evento farase este xoves 19 de decembro nunha Gala de Nadal no Hotel AC Palacio del Carmen, na que intervirá a tenente de alcalde e concelleira de Economía, Comercio e Turismo de Santiago de Compostela, Reyes Leis.