• 05 MAR 2014

    O IGAPE informa sobre o Open Your Mind SCQ

    O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, informou hoxe, a través do seu boletín, da celebración do Open Your Mind SCQ 2014, o vindeiro mes de marzo en Compostela. O IGAPE é un dos organismos que colabora no financiamento do foro.

     

     

    O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, informou hoxe, a través do seu boletín, da celebración do Open Your Mind SCQ 2014, o vindeiro mes de marzo en Compostela. 

    Na comunicación enviada na newsletter quixeron destacar que se trata dun encontro de profesionais destinado a fomentar a cultura de empresa, o networking e a intelixencia emocional aplicada ás relacións personais e profesionais. Tamén o feito de que conta con ponentes da talla de Mario Alonso Puig, Álex Rovira, Irene Villa, Raimón Samsó, Pilar Jericó, Fernando Sánchez Salinero, Alejandra Vallejo-Nágera ou Faustino Sánchez Guindo, entre outros. Engadiron, asimesmo, un enlace no que atopar máis información sobre o evento.

    O IGAPE é un dos organismos que colabora no financiamento do foro. Se queredes darvos de alta no seu boletín, podedes facelo dende aquí