• 29 MAR 2014

    Televisión de Galicia (TX serán FDS): "Irene Villa, un exemplo de superación, motiva os emprendedores galegos"

    O foro para emprendedores 'Open your Mind', 'abre a mente', que se celebrou no Auditorio de Novagalicia Banco de Santiago, contou hoxe cunha coñecida relatora, Irene Villa. A xornalista e esquiadora paralímpica, sufrira un atentado da ETA cando era unha nena, hai case 23 anos. Perdera as dúas pernas, pero con afán de superación conseguiu os retos profesionais e persoais que se marcara. Coa mensaxe "Saber que se pode. Nunca é demasiado tarde" quixo motivar os emprendedores galegos para que loiten por acadar os seus soños e sacar adiante os seus proxectos profesionais.

     

    O foro para emprendedores 'Open your Mind', 'abre a mente', que se celebrou no Auditorio de Novagalicia Banco de Santiago, contou hoxe cunha coñecida relatora, Irene Villa. 

    A xornalista e esquiadora paralímpica, sufrira un atentado da ETA cando era unha nena, hai case 23 anos. Perdera as dúas pernas, pero con afán de superación conseguiu os retos profesionais e persoais que se marcara. 

    Coa mensaxe "Saber que se pode. Nunca é demasiado tarde" quixo motivar os emprendedores galegos para que loiten por acadar os seus soños e sacar adiante os seus proxectos profesionais.